En este momento estás viendo AS IX XORNADAS NA CORUÑA

AS IX XORNADAS NA CORUÑA

A NOVA LEI DE FAMILIAS

As IX Xornadas na Coruña comezaron coa ponencia da maxistrada do social Pilar Carreira Vidal para falarnos de conciliación familiar.

O Real Decreto-Lei 2/2024 é a última normativa na materia máis non vai sela derradeira nin foi a primeira. O punto de inflexión é a ley de conciliación e dende entón sucedéronse numerosas modificacións da lei. A finalidade de toda esta normativa é rematar coa discriminación laboral da muller.

No Xulgados do Social seguen sendo as nais as que litigan pola conciliación, rondando o 98%.

A relatora deixounos para facilitala comprensión da súa exposición os seguintes cadros, resumen de medidas laborais relativas á familia e o coidado:

URXENCIAS EN FAMILIA. PORTA DE ENTRADA

As IX Xornadas na Coruña non podñia deixar de tratar un tema tan relevante no dereito de familia.

Antonio Ramos Valverde comezou a súa exposición referíndose os MASC. Para o relator non serían requisito de procedibilidade apoiado na opinicón de Banacloche, autor que tiven a sorte de escoitar nas últimas Xornadas Centrales da AEAFA.

Medidas provisionais

A continuación fíxonos un resume das medidas provisionais, repecto das que destacou que segundo un Auto de 25 de setembro da audiencia Provincial de A Coruña, están lexitimadas persoas distintas dos proxenitores se os menores está ó seu coidado o teñen solicitada a súa garda. EStablecendo tamén diferenzas entre as provisionais coetáneas e as previas, como a necesidade ou non de postulación na súa solicitude.

Segundo o relator hai autos que permiten a súa solicitude despois da contestación á demanda se a tramitación ten moito retraso.

Medidas urxentes de protección

Fixo logo unha exposición da medida estrela en canto a urxencia a regulada polo artigo 158 do Código Civil, citando, entre outros, o Auto 43/2024, de 7 de marzo, ditado pola Audiencia Provincial de A Coruña.

Discrepancias no exercicio da patria potestade

E rematou o seu relatorio falando do que calificaou un fracaso dos proxenitores, xerador de conlictos de lealtade nos cativos: os procedementos con fundamento no artigo 156 do Código Civil.

Fixo un resumo das cuestións controvertidas dos casos máis habituais:

Residencia.- Se afecta a outras medidas será necesaria unha modificación de medidas para a Audiencia de Barcelona. Con todo o criterio da Audiencia da Coruña é o contrario.

Educación.- Nos procedementos de discrepancia do centro educativo pódese establecer quen pagará o gasto que a elección do mesmo supoña.

Viaxes.- Non se precisa tramitar este procedemento para que os fillos saian do país con cadanseu proxenitor no seu tempo de estancias de lecer. Si para que saia con terceiros. Aquí a maior problemática son os tempos de tramitación do expediente. En canto o pasaporte a obriga do acordo dos pais ven establecido no Real decreto 411/2014.

A GLOBALIZACIÓN E A SÚA REPERCUSIÓN NO DEREITO DE FAMILIA

As IX Xornadas na Coruña foron os escenario da primeira intervención deste relator nunhas xornadas de dereito de familia organizadas polo Consello da Avogacía Galega.

Santiago Álvarez González , profesor de Dereito Internacional Privado da Universidade de Santiago de Compostela fixo un percorrido polos retos ós que nos somete a existencia de un elemento extranxeiro en materia de familia, facendo fincapé nanñgún temas propios do século XXI como son os derivados da homoparentalidade, a maternidade subrogada ou a autodeterminación de xénero.

Resumo do seu relatorio podería ser a existencia de máis casos de conflictos nos que actúa o dereito internacional privado debido á globalización. Pero tamén a crecente complexidade dos supostos.

Outro dos retos actuais do dereito internacional de familia é a prevalencia dos dereitos humanos na interpretación das normas sustantivas. Neste senso citounos a sentenza de 10 de xullo de 2024 ditada polo Tribunal Supremo repecto dun menor residente en Bielurrusia e reflexionou sobre a máis recente xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que está obrigando a algúns estados situacións familiares non recoñecidas no seus ordenamentos en base o principio da libre circulación.

En relación á diferenza entre os casos intracomunitarios e extracomunitarios e o principio reforzado de confianza dentro da Unión citounos o Caso Aguirre Pérez resolto en 2010 polo TXUE.

FIXACIÓN E CUANTIFICACIÓN DAS PENSIÓNS ALIMENTICIAS E COMPENSACIÓNS ECONÓMICAS NOS PROCESOS DE FAMILIA

Pensión de alimentos

Roberto Soto Sola comezou o seu relatorio citando dúas sentenzas destacadas recentes do Tribunal Supremo na materia, de datas, respectivamente, 24 de xaneiro de 2024 e 11 de abril de 2024.

O relator enfatizou a importancia de que o xuíz se implique no procedemento facendo uso das prerrogativas que lle conceden os artigos 328,329, 330, 381 e 752, así como da presunción do artigo 307 ou a proba de indicios para determinalos ingresos en caso de empresarios.

Respecto á valoración probatoria dos ingresos e ó xuizo de proporcionalidade foron citadas sentenzas do Tribunal Supremo de 22 de xuño de 2017, de 4 de novembro de 2020 e de 19 de decembro de 2024.

En canto a posibilidade de que se estableza a pensión nunha porcentaxe dos ingresos do alimentante, aínda que esta posibilidade é admitida polo Tribunal Supremo, ten que levarse a cabo en situacións moi excepcionais de inestabilidade laboral, situación precaria. Puxo o acento o relator na dificultade da súa execución.

Citou logo sentenzas nas que o Tribunal Supremo afronta o chamado mínimo vital ( STS 2.3.2015; 19.1.2015; 11.12.2024). Tamén outras referidas ó descoñecimento de onde se atopa o alimentante (STC 15.1.2024; STS 14/3/2024).

A cuestión dos alimentos en custodia compartida foi aboradad pola sentenza do Tribunal Supremo de 28 de maio de 2024.

Segundo a Audiencia Provincial de A Coruña a actualización da pensión de alimentos pode aplicarse ex lege de oficio, sendo a data para a actualización a fixada na resolución e senón o 1 de xaneiro.

Rematou a súa exposición sobre alimentos o relator falando da modificación a a extinción dos mesmos ( STS 250/2013; STS 3.7.2023)

Pensión compensatoria

Segundo a sentenza de 31 de outubro de 2024 ditada polo Tribunal Supremo non é precisa a reconvención para solicitala pensión compensatoria.Compensatoria: STS 31 DE OCTUBRE DE 2024 (no es necesaria reconvención).

Pola súa banda, a sentenza de 12 de decembro de 2024 trata a afectación da liquidación da sociedade de gananciais na cuantificación da pensión compensatoria.

FORO ABERTO. VIOLENCIA DE XÉNERO

María Luisa Calcerrada Alcázar, Pilar Fernández Pérez y Roberto Barba Alvedro foron os encargados desta mesa de debate sobre un tema que desgraciadamente segue sendo actualidade.

O dato máis extremecedor dos moitos que nos deron os participantes neste foro é que o 80% das mulleres asasinadas o pasado ano eran invisibles, é dicir, non tiveran acceso o sistema porque non denunciaran. Iso dificulta moito a súa protección preventiva, cal é un elemento fundamental.

Segundo a muller garda civil que formou parte da mesa o trato ás víctimas e a coordinación na súa protección ten evolucionado moito. Aínda falta moito para a efectividade desexada, pero estamos no bó cammiño. Destacou esta relatora como fundamentais para acabar con esta lacra a visualización do problema, a educación e a prevención.

Pola súa parte, a fiscal que interviu na mesa marcou á evolución respecto o protagonismo das víctimas e dos cativos. Defendeu o avance que ten suposto a implantación da proba preconstituida pola Lei Orgánica 8/2021. Tamén a figura dos facilitadores en supostos de víctimas vulnerables. Acabou a súa intervención poñendo o foco na perspectiva de xénero e na evitación da idea de «víctima ideal». Cada víctima ten o seu tempo e hai que evitala súa revictimización.

Outro tema tratado por todolos relatores foi o das víctimas especialmente vulnerables e con situación de risco maior, nas que destacaron a situación das mulleres no eido rural e as mulleres con adiccións.

AS IX XORNADAS NA CORUÑA TRATAN O COIDADO ASEGURADO DAS PERSONAS MAIORES

Víctor Peón Rama tróuxonos unhas das exposicións máis interesantes e motivadoras das xornadas na que abordou dende varias perspectivas a problemática da vellez e a súa planificación.

Dividiu a súa exposición en dúas esferas, a patrimonial e a persoal, dando ideas moi prácticas e novedosas no que a afrontar esa etapa da vida con dignidade e benestar se refire.

Eido patrimonial

Coidados por terceiros

Falounos o relator da utilización da renta vitalicia (artigo 1802 do Código Civil), do contrato de alimentos (artigos 1791-97 do Código Civil), do contrato de vitalicio galego (artigos 147 a 156 da Lei de Dereito Civil de Galicia).

Haberá que establecer na constitución de calquera destes instrumentos cautelas segundo o relator, quen destacou o único problema que presenta o vitalicio: o tratamento fiscal. Por iso, tamén presentou a posibilidade de celebrar un pacto de mellora con obligación ou carga, que fiscalmente resulta máis atractivo.

Obtención de liquidez patrimonial nos derradeiros anos

Foi esta outra das posibilidades para afrontar os gastos da vellez de xeito tranquilo. Trátase dunha solución moi desenvolvida nos países anglosaxóns. E pode pasar pola venta da casa e consumio obtido durante a vellez ata a venta da nuda propiedade ou o adianto de alugueiros ou a hipoteca inversa.

Tamén rescatou o relator do esquecemento institucións antigas coma a anticresis asistencial regulada nos artigos 1881 a 1886 CC do Código Civil, salientando que en Cataluña estase empezando a usar, ou o censo reservativo dos artigos 1604 e seguintes do Código Civil.

Eido persoal

Vivenda

Finalmente, referiuse a posibilidade de celebrar contratos non regulados baseados no principio da autonomía da vontade para cubrir a situación asistencial e convivencial.

Puxo como exemplo o acollemento familiar regulado pola Lei foral 34/2002 en Navarra e os pactos convivenciais de axuda mutua regulados polos artigos 240-1 a 240-7 do Libro segundo do Código Civil de Cataluña.

Tamén se referiu a outros sistemas importados:

. O coliving californiano. No noso país está regulada únicamente no eido urbanístico.

. As vivendas colaborativas desenrroladas en Dinamarca en 1960, sistema o que sería de aplicación a normativa de cooperativas galegas de consumidores e usuarios (Lei 5/1998).

Saúde

No eido da saúde e moi importante o documento de instruccións previas. Debería vir complementado por un (PCA), que ven sendo a toma de decisións nun proceso deliberativo coa equipa médica no contexto dunha enfermidade xa existente. Serve para modular o sufrimento, determinar qué atencións quere o paciente e as condiciñons para a prestación de axuda médica para unha morte digna. Tamén pódese facer decidir sobre a donación de órganos.

Eido xeral

Aplicables a tódolos eidos xa mencionados o notario referiuse os instrumentos básicos de previsión de medidas de apoio: poderes preventivos, autocuratela e medidas de apoio atípicas especialmente diseñadas a medida.

XURISPRUDENCIA DO TS EN MATERIA DE FAMILIA, DISCAPACIDADE E FILIACIÓN

As IX Xornadas na Coruña non podía ter tido un mellor final.

José Luis Seoane Spiegelberg, como cada ano, fíxonos un resumo das sentenzas ditadas pola Sala Primeira do Tribunal Supremo da que é membro entre as xornadas deste ano a as do ano pasado. Déixovos unha entrada do blog específica, que podedes consultar AQUÍ.