Medidas covid Galicia:
A Xunta de Galicia sorprendeunos o venres, 30 de outubro, cun novo Decreto no que se regulan medidas fronte a covid
Estas novas medidas, que non teñen data de finalización, se revisarán cada 7 días como máximo e consisten básicamente en:
. Peche perimetral das unidades territoriais que forman os seguintes concellos:
- A Coruña e Arteixo
- Pontevedra, Poio e Marín
- Santiago de Compostela, Teo e Ames
- Ferrol, Narón, Fene e Neda
- Ourense e Barbadás
- Carballiño, O Irixo e Boborás
- Verín, Oímbra e Vilardevós
- Lugo
- Vigo
- Vimianzo
Só se pode saír ou entrar neses concellos para ir ó médico; ir traballar; ir a clase ou se examinar; voltar á casiña; coidar de maiores, cativos ou dependendentes; ir ó banco, a gasolineira ou a tramitar seguros en concellos limítrofes; ir a xulgados, organismos públicos ou notarios; renovacións de permisos e documentación oficial; por causa de forza maior.
. Só se pode estar coas persoas coas que se convive nos seguintes concellos:
A Coruña, Arteixo, Lugo, Pontevedra, Poio, Marín, Santiago de Compostela, Teo, Ames, Vigo, Ferrol, Narón, Fene, Neda, Ourense, Babadás, Verín, Oímbra, Vilardevós, O barco de Valdeorras, en todos os concellos da comarca do Carballiño (Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, SAn Amaro e San Cristovo de Cea) e no concello de Vimianzo.
Nestes concellos pódese estar con non convivientes para traballar, coidar a maiores, cativos e dependentes, así como para actividades institucionais, ir a clase ou se examinar, e practicar deporte federado.
https://xn--mariamario-19a.es/noticias/nuevo-estado-de-alarma/Estas restricións aplícanse dende as tres da tarde do venres, 30 de outubro, trala súa publicación no DOG e traen a súa causa no Decreto de estado de alarma do Goberno Español do que fixen un pequeno resumen nunha entrada previa á que vos deixo o enlace.
.