En este momento estás viendo XORNADAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

XORNADAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

As xornadas

As Xornadas de violencia de xénero formaron parte dos actos da mesa de coordinación contra as violencias do Concello de Allariz con ocasión do día de loita contra a violencia de xénero.

Celebradas o 23 de novembro de 2020, tivemos a honra de que nos invitaran a participar.

O encargo do Concello consistiu en que abordaramos a cuestión dende o eido educativo.

As xornadas de violencia de xémero e a charla que nos propuxeron tiñan por obxecto explicar ós membros da mesa, en especial á comunidade educativa, cómo actuar ante unha situación de violencia de xénero.

O primeiro que lles explicamos foi que a violencia de xénero non se distingue de ningún outro delito perseguible de oficio.

Como tal, non precisa da querela previa da vítima e calquera de nós debe denunciar os feitos que puideran ser considerados violencia de xénero.

A violencia de xénero

As grandes diferenza con outros delitos:

.A vítima non atopa refuxio nin seguridade do seu propio fogar

. Os feitos teñen lugar na intimidade.

As consecuencias

Resulta por seres un delito cometido na intimidade do fogar máis necesaria, se cabe, a denuncia por parte de calquera cidadán.

Tamén por iso é esencial que a protección da vítima sexa inmediata.

Actuación de docentes de centros públicos

Na súa condición de funcionarios, convértese nunha obriga.

Non facelo podería ter consecuencias penais.

Todo iso foi o que intentamos transmitir na charla, xunto coa explicación duns «protocolos de actuación» que axudaran ós mestres a cumprir coa súa obriga de denuncia e conxugala cos seus deberes docentes.

AQUÍ vos deixo a nosa presentación para que lle botedes un ollo.